Solución de problemas
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
163
vehículos posúen cristais tinxidos (atérmicos) que poden bloquear os sinais dos
satélites.
P: ¿Por que non podo atopar o dispositivo do meu amigo mentres
utilizo a conectividade Bluetooth?
R: Comprobe que ámbolos dous dispositivos son compatibles, teñen activada a
conectividade Bluetooth e non están en modo oculto. Comprobe tamén que a
distancia entre os dous dispositivos non supera os 10 metros (33 polgadas) e que
non hai paredes nin demais obstáculos entre os dispositivos.
P: ¿Por que non podo finalizar unha conexión Bluetooth?
R: Se se conecta outro dispositivo ao teléfono, pode finalizar a conexión desde o
outro dispositivo ou desactivando a conectividade Bluetooth no teléfono.
Seleccione Menú > Axustes e Conectividade > Bluetooth > Bluetooth >
Desactivado.
P: ¿Que fago se a memoria está chea?
R: Elimine elementos da memoria. Se se amosa Non hai memoria abondo para
efectuar a operación. Borre datos. ou Memoria baixa. Borre algúns datos da
memoria do teléfono. cando está a eliminar varios elementos ao mesmo tempo,
elimine os elementos un a un, comezando polos máis pequenos.
P: ¿Por que non podo seleccionar un contacto para a miña mensaxe?
R: A tarxeta de contacto non ten un número de teléfono, un enderezo ou un
enderezo de correo electrónico. Seleccione Menú > Axenda e o contacto axeitado,
e modifique a tarxeta de contacto.
P: ¿Como podo finalizar a conexión de datos cando o dispositivo
inicia unha conexión de datos repetidamente?
R: É posible que o dispositivo estea a intentar recuperar unha mensaxe multimedia
do centro de mensaxes multimedia. Para que dispositivo non realice unha conexión
de datos, seleccione Menú > Mensaxería e Opcións > Axustes > Mensaxe
multimedia > Recuperación multimedia. Seleccione Manual para que o centro
de mensaxes multimedia garde as mensaxes para recuperalas máis tarde, ou
Solución de problemas
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
164
Desactivado para ignorar todas as mensaxes multimedia entrantes. Se selecciona
Manual, recibirá unha notificación cando teña unha mensaxe nova no centro de
mensaxes multimedia. Se selecciona Desactivado, o dispositivo non realizará
ningunha conexión de rede relacionada coa mensaxería multimedia. Para axustar
o dispositivo para que utilice unha conexión de paquetes de datos só se inicia unha
aplicación ou acción que a necesita, seleccione Menú > Axustes e
Conectividade > Axustes admin. > Paquetes datos > Conexión paquetes
datos > Se cómpre. Se isto non soluciona o problema, desactive o dispositivo e
volva activalo.
P: ¿Podo utilizar o meu dispositivo Nokia como un módem de fax cun
ordenador compatible?
R: Non é posible utilizar o dispositivo como un módem de fax. Non obstante, coa
función de desvío de chamadas (servizo de rede), pode desviar as chamadas de fax
entrantes a un número de fax.
P: Por que se amosa a mensaxe de erro Certificado caducado ou
Certificado aínda non válido cando estou a instalar unha aplicación
descargada?
R: Se se amosa Certificado caducado ou Certificado aínda non válido incluso no
caso de que o certificado debera ser válido, comprobe que a hora e a data do
dispositivo son correctas. É posible que omitise o axuste da data e da hora ao iniciar
o dispositivo por primeira vez, ou que a rede móbil non actualizase estes axustes
no seu dispositivo. Para resolver isto, seleccione Menú > Axustes e Teléfono >
Xestión teléfono > Axustes fábrica. Restableza os axustes de fábrica e, cando se
reinicie o dispositivo, axuste a data e a hora correctas.
Solución de problemas
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
165
23. Consellos ecolóxicos
Aforro de enerxía
Para evitar cargar a batería tan a miúdo, faga o seguinte (se está dispoñible no seu
dispositivo):
● Peche as aplicacións e as conexións de datos, por exemplo, a súa conexión
Bluetooth, cando non as utilice.
● Reduza o brillo da pantalla.
● Axuste o seu dispositivo para que entre en modo de aforro de enerxía tras un
período mínimo de inactividade, sempre que o seu teléfono dispoña desta
función.
● Desactive os sons innecesarios, como os tons das teclas.
Reciclado
Todos os materiais deste dispositivo poden recuperarse como materiais e enerxía.
Para obter máis información verbo de como reciclar os seus produtos Nokia usados,
consulte a páxina www.nokia.com/werecycle, ou utilizando un dispositivo móbil,
a www.nokia.mobi/werecycle.
Para reciclar os paquetes e guías de usuario, siga o procedemento habitual na súa
zona.
O símbolo do contedor con rodas riscado cun "x" no produto, na batería, nas
instrucións ou na embalaxe lémbralle que todos os produtos eléctricos e
electrónicos, as baterías e os acumuladores se deben refugar por separado ao
final da súa vida útil. Este requisito aplícase na Unión Europea. Non se desfaga
deste produto do mesmo xeito que dos residuos domésticos normais. Para obter