Responder ou rexeitar unha chamada
Para responder unha chamada, prema a tecla Chamar.
Para silenciar o ton de chamada dunha chamada entrante, seleccione .
Para responder á chamada coa pantalla táctil bloqueada, desprácese Responder
da esquerda á dereita.
É posible enviar unha mensaxe de texto sen rexeitar a chamada, informando ao
emisor da chamada de que non pode responder a chamada. Para enviar a mensaxe
de resposta, seleccione Env. msx., edite o texto da mensaxe e prema a tecla Chamar.
Se non desexa responder unha chamada, prema a tecla Fin. Se se activa a función
Desvíos > Chamadas de voz > Se está ocupado nos axustes do teléfono para
desviar chamadas, ao rexeitar unha chamada entrante, tamén se desviará.
Para desbloquear a pantalla táctil, desprácese Desbloquear da dereita á esquerda
e responda ou rexeite a chamada.
Para activar a opción de mensaxe de texto e escribir unha mensaxe de resposta
estándar, seleccione Menú > Axustes e Chamando > Chamada > Rexeitar
chamada mens., e Texto da mensaxe.