Compartir vídeos ou videoclips en directo
Durante unha chamada de voz activa, seleccione Opcións > Compartir vídeo.
1. Para compartir vídeos en directo durante a chamada, seleccione Vídeo en
directo.
Para compartir un videoclip, seleccione Videoclip e o clip que desexe compartir.
É posible que teña que converter o videoclip nun formato axeitado para poder
compartilo. Se o dispositivo lle avisa de que cómpre converter o clip de vídeo,
seleccione Aceptar. Cómpre que o dispositivo teña un editor de vídeo para que
se poida realizar a conversión.
2. Se o destinatario dispón de varios enderezos SIP ou números de teléfono
incluído o prefixo de país gardado en Contactos, seleccione o enderezo ou
número desexado. Se o enderezo SIP ou o número de teléfono do destinatario
non está dispoñible, insira o enderezo ou o número do destinatario, incluído o
código do país, e seleccione Aceptar para enviar a invitación. O teléfono enviará
a invitación ao enderezo SIP.
A función de compartir vídeo iníciase automaticamente cando o receptor acepta
a invitación.
Opcións dispoñibles na función de compartir vídeos
ou para silenciar ou activar o micrófono
ou para activar e desactivar o altofalante
ou para deter e continuar o uso compartido de vídeo
para cambiar ao modo de pantalla completa (só dispoñible para o receptor)
3. Para finalizar a sesión da función de compartir, seleccione Deter. Para finalizar
a chamada de voz, prema a tecla Fin. Cando finalice unha chamada, a función
de compartir vídeo tamén finalizará.
Para gardar o vídeo en directo que compartiu, seleccione Si cando se lle solicite. O
dispositivo notificaralle a posición do vídeo gardado.
Realización de chamadas
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
45
Se inicia outras aplicacións mentres comparte un videoclip, a función de compartir
deterase. Para volver á vista do uso compartido de vídeo e continuar, seleccione
Opcións > Proseg. compartir vídeo na pantalla de inicio.