Aceptación de invitacións
Cando alguén lle envía unha invitación para compartir vídeo, a mensaxe de
invitación amosa o nome do remitente ou o enderezo SIP.
Se alguén lle envía unha invitación para compartir e non se atopa dentro da zona
de cobertura de rede 3G, non saberá que recibiu unha invitación.
Cando reciba unha invitación, seleccione unha das opcións seguintes:
● Si — Aceptar a invitación e activar a sesión para compartir.
● Non — Permite rexeitar a invitación. O remitente recibirá unha mensaxe de que
rexeitou a invitación. Tamén pode premer na tecla Fin para rexeitar a invitación
e rematar a chamada de voz.
Para finalizar a sesión da función de compartir, seleccione Deter. Para finalizar a
chamada de voz, prema a tecla Fin. Cando finalice unha chamada, a función de
compartir vídeo tamén finalizará.