Marcadores
Seleccione Menú > Aplicacións > Situación e Marcos.
Mediante os Marcadores, pode gardar no dispositivo a información de posición de
localizacións específicas. Pode clasificar en diferentes categorías as localizacións
gardadas, como, por exemplo, negocios, e engadirlles máis información, como, por
exemplo, enderezos. Pode utilizar os marcadores gardados en aplicacións
compatibles, como datos GPS.
As coordenadas do GPS exprésanse utilizando o sistema de coordenadas
internacional WGS-84.
Seleccione Opcións e unha das seguintes opcións:
● Novo marco — Crear un marcador novo. Para solicitar o posicionamento do
lugar no que se atopa, seleccione Posición actual. Para introducir manualmente
a información da posición, seleccione Introdución manual.
● Editar — Permite editar ou engadir información a un marcador gardado (por
exemplo, un enderezo).
Posicionamento (GPS)
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
113
● Engadir á categoría — Permite engadir un marcador á categoría Marcadores.
Seleccione cada unha das categorías ás que desexe engadir o marcador.
● Enviar — Permite enviar un ou varios marcadores a un dispositivo compatible.
Os marcadores recibidos gárdanse no cartafol Caixa de entrada en Mensaxería.
Pode ordenar os marcadores en categorías prefixadas e crear categorías novas. Para
editar e crear novas categorías de marcadores, abra a ficha de categorías e
seleccione Opcións > Editar categorías.