GPS asistido (A-GPS)
O dispositivo tamén admite o GPS asistido (A-GPS).
A-GPS é un servizo de rede.
A-GPS (o GPS asistido) utilízase para obter datos de asistencia técnica mediante
unha conexión de paquetes de datos, que axuda a calcular as coordenadas da súa
localización actual cando o dispositivo recibe sinais dos satélites.
Cando se activa o A-GPS, o dispositivo recibe información útil por satélite desde un
servidor de datos de asistencia a través da rede móbil. Coa axuda dos datos de
asistencia, o teléfono pode obter a localización do GPS de xeito máis rápido.
O dispositivo está configurado previamente para utilizar o servizo A-GPS de Nokia,
se non se atopan dispoñibles ningúns axustes A-GPS dun fornecedor de servizos
específico. Os datos de asistencia recupéranse desde o servidor do servizo A-GPS de
Nokia só cando é necesario.
Cómpre dispoñer dun punto de acceso á Internet definido no dispositivo para
recuperar os datos de asistencia do servizo A-GPS de Nokia a través dunha conexión
de paquetes de datos. Para definir un punto de acceso para A-GPS, seleccione
Menú > Aplicacións > Situación e Posicionamento > Servidor
posicionamento > Punto de acceso. Só se pode utilizar un punto de acceso á
Internet de paquetes de datos. O dispositivo solicita o punto de acceso á Internet
cando o GPS se utiliza por primeira vez.