Nokia 5235 Comes With Music - Axustes de posicionamento

background image

Axustes de posicionamento

Seleccione Menú > Aplicacións > Situación e Posicionamento.

Métodos de posicionamento

Seleccione entre as seguintes opcións:
GPS integrado — Permite utilizar o receptor GPS integrado do dispositivo.

GPS asistido — Permite utilizar o GPS Asistido (A-GPS) para recibir datos de

axuda desde un servidor de datos de axuda.

Bluetooth do GPS — Permite utilizar un receptor GPS externo compatible coa

conectividade Bluetooth.

Baseado na rede — Permite utilizar información da rede móbil (servizo de

rede).

Servidor de posicionamento

Para definir un punto de acceso e un servidor de posicionamento para os métodos

de posicionamento asistidos pola rede, como o posicionamento baseado na rede

ou o GPS asistido, seleccione Servidor posicionamento. É posible que o servidor

Posicionamento (GPS)

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

114

background image

de posicionamento estea preestablecido polo seu fornecedor de servizos e que non

sexa quen de editar os axustes.

Axustes de notación

Para seleccionar que sistema de medición desexa utilizar para as velocidades e as

distancias, seleccione Sistema de medidas > Métrico ou Imperial.
Para definir en que formato desexa que se amose a información de coordenadas

no dispositivo, seleccione Formato coordenadas e o formato desexado.

16. Mapas

Descrición xeral de Mapas

Seleccione Menú > Mapas.

Benvido a Mapas.
Mapas amósalle as proximidades, axúdalle a planificar as súas rutas e guíao ata o

seu destino.
● Busque cidades, rúas e servizos.
● Siga o seu camiño mediante indicacións detalladas.
● Sincronice os seus lugares e rutas favoritos entre o seu teléfono móbil e o servizo

Mapas Ovi de Internet.

● Consulte a predición do tempo e outra información local (en función da

dispoñibilidade).

Nota: A descarga de contidos como mapas, imaxes satélite, ficheiros de voz,

guías ou información de tráfico pode implicar a transmisión de grandes cantidades

de datos (servizo de rede).
É posible que algúns servizos non estean dispoñibles en todos os países nin en todos

os idiomas. Os servizos poden depender da rede. Para obter máis información,

contacte co seu fornecedor de servizos de rede.