Axustes de posicionamento
Seleccione Menú > Aplicacións > Situación e Posicionamento.
Métodos de posicionamento
Seleccione entre as seguintes opcións:
● GPS integrado — Permite utilizar o receptor GPS integrado do dispositivo.
● GPS asistido — Permite utilizar o GPS Asistido (A-GPS) para recibir datos de
axuda desde un servidor de datos de axuda.
● Bluetooth do GPS — Permite utilizar un receptor GPS externo compatible coa
conectividade Bluetooth.
● Baseado na rede — Permite utilizar información da rede móbil (servizo de
rede).
Servidor de posicionamento
Para definir un punto de acceso e un servidor de posicionamento para os métodos
de posicionamento asistidos pola rede, como o posicionamento baseado na rede
ou o GPS asistido, seleccione Servidor posicionamento. É posible que o servidor
Posicionamento (GPS)
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
114
de posicionamento estea preestablecido polo seu fornecedor de servizos e que non
sexa quen de editar os axustes.
Axustes de notación
Para seleccionar que sistema de medición desexa utilizar para as velocidades e as
distancias, seleccione Sistema de medidas > Métrico ou Imperial.
Para definir en que formato desexa que se amose a información de coordenadas
no dispositivo, seleccione Formato coordenadas e o formato desexado.
16. Mapas
Descrición xeral de Mapas
Seleccione Menú > Mapas.
Benvido a Mapas.
Mapas amósalle as proximidades, axúdalle a planificar as súas rutas e guíao ata o
seu destino.
● Busque cidades, rúas e servizos.
● Siga o seu camiño mediante indicacións detalladas.
● Sincronice os seus lugares e rutas favoritos entre o seu teléfono móbil e o servizo
Mapas Ovi de Internet.
● Consulte a predición do tempo e outra información local (en función da
dispoñibilidade).
Nota: A descarga de contidos como mapas, imaxes satélite, ficheiros de voz,
guías ou información de tráfico pode implicar a transmisión de grandes cantidades
de datos (servizo de rede).
É posible que algúns servizos non estean dispoñibles en todos os países nin en todos
os idiomas. Os servizos poden depender da rede. Para obter máis información,
contacte co seu fornecedor de servizos de rede.