
Organizar ficheiros
Pode utilizar a aplicación Xestor ficheiros para eliminar, mover, copiar ou crear
ficheiros e carpetas novos. Se organiza os seus ficheiros nas súas propias carpetas,
isto podería axudarlle a buscar os ficheiros no futuro.
Seleccione Menú > Aplicacións > Oficina > Xestor fichs..
Crear unha nova carpeta — Na carpeta onde desexe crear unha subcarpeta,
seleccione Opcións > Organizar > Nova carpeta.
Copiar ou mover un ficheiro a unha carpeta — Manteña seleccionado o ficheiro
e, no menú emerxente, seleccione a opción apropiada.