Instalación de aplicacións
Os ficheiros de instalación pódense transferir ao dispositivo desde un ordenador
compatible, descargar durante a navegación ou recibilos nunha mensaxe
multimedia, como ficheiro adxunto de correo electrónico, ou mediante outros
métodos de conexión, como unha conexión Bluetooth.
Pode utilizar Nokia Application Installer de Nokia Ovi Suite para instalar unha
aplicación no dispositivo.
Seleccione Menú > Axustes e Xestor aplicac..
Os ficheiros de instalación están situados no cartafol Fichs. de instal. e as aplicacións
instaladas no cartafol Aplicacións intal..
As iconas indican o seguinte:
Aplicación SIS ou SISX
Aplicación Java
Outras aplicacións
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
146
Widget
Aplicación instalada na tarxeta de memoria
Importante: Só instale e utilice aplicacións e outro software procedente de
fontes de confianza, como aplicacións Symbian Signed ou que teñan pasado a proba
Java Verified™.
Antes de instalar unha aplicación, comprobe o seguinte:
● Ver o tipo de aplicación, o número da versión e o seu fornecedor ou creador.
Seleccione Opcións > Ver detalles.
● Amosa os detalles do certificado de seguridade da aplicación. Seleccionar
Detalles: > Certificados: > Ver detalles. Controle o uso de certificados dixitais
en Xestión de certificados.
Se instala un ficheiro que contén unha actualización ou parche para unha aplicación
existente, só pode restaurar a aplicación orixinal se posúe o ficheiro de instalación
orixinal ou unha copia de seguridade completa do paquete de software eliminado.
Para restaurar a aplicación orixinal, elimine a aplicación e instálea de novo desde
o ficheiro de instalación orixinal ou desde a copia de seguridade.
Para instalar aplicacións Java é preciso o ficheiro JAR. Se non se atopa, é posible que
o teléfono lle solicite a súa descarga. Se non existe ningún punto de acceso definido
para a aplicación, solicitaráselle seleccionar un.
Instalar unha aplicación
1. Localice o ficheiro de instalación no cartafol de ficheiros de instalación no Xestor
de aplicación ou búsqueo no Xestor de ficheiros ou na Caixa de entrada de
Mensaxería.
2. No Xestor da aplicación, seleccione a aplicación que desexa instalar e Opcións >
Instalar. Noutras aplicacións, seleccione o ficheiro de instalación para que esta
comece.
Durante a instalación, o teléfono amosa información acerca do seu progreso. Se
instala unha aplicación sen certificado ou sinatura dixital, o teléfono amosará
Outras aplicacións
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
147
unha advertencia. Continúe a instalación só se está seguro da orixe e contido da
aplicación.
Abrir una aplicación instalada — Seleccione a aplicación no menú. Se a aplicación
non posúe un cartafol predeterminado definido, instalarase no cartafol Aplicacións
intal. do menú principal.
Ver os paquetes de software instalados ou eliminados — Seleccione
Opcións > Ver rexistro.
Importante: Ó dispositivo só admite unha aplicación antivirus. Dispoñer de
máis dunha aplicación con función antivirus pode afectar ao rendemento e
funcionamento ou provocar que o dispositivo deixe de funcionar.
Despois de instalar as aplicacións nunha tarxeta de memoria compatible, os
ficheiros de instalación (.sis, .sisx) permanecen na memoria do dispositivo. É posible
que os ficheiros utilicen grandes cantidades de memoria e lle impidan almacenar
outros ficheiros. Para manter suficiente memoria, utilice Nokia Ovi Suite para facer
unha copia de seguridade dos ficheiros de instalación nun ordenador compatible
e, a continuación, utilice o xestor de ficheiros para eliminar os ficheiros de
instalación da memoria do dispositivo. Se o ficheiro .sis é un ficheiro achegado
dunha mensaxe, elimine a mensaxe da bandexa de entrada.