
Transmisión por secuencias de contidos mediante conexión
polo aire
Seleccione Menú > Aplicacións > RealPlayer.
A transmisión por secuencias de contidos mediante conexión polo aire é un servizo
de rede. Seleccione Ligazóns fluxo e unha ligazón. Tamén é posible recibir unha
ligazón de transmisión por secuencias nunha mensaxe de texto ou nunha mensaxe
multimedia ou abrir unha ligazón dunha páxina web.
Antes de que o contido en directo comece a transmitirse por secuencias, o
dispositivo conéctase ao sitio e comeza a cargar o contido. O contido non se garda
no dispositivo.
En RealPlayer, só se poden abrir ligazóns RTSP. Non obstante, RealPlayer tamén
pode reproducir un ficheiro RAM se abre unha ligazón HTTP a este nun explorador.
Outras aplicacións
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
150