Nokia 5235 Comes With Music - Navegación pola web

background image

Navegación pola web

Seleccione Menú > Internet > Web.
Para navegar pola web, seleccione Ir ao enderezo web na barra de ferramentas

e introduza un enderezo web.
O navegador está en modo de pantalla completa de xeito predeterminado. Para saír

do modo de pantalla completa, seleccione a icona de frecha da esquina inferior

dereita.
Algunhas páxinas web poden conter materiais, como gráficos ou videoclips, que

requiren dispoñer dunha gran cantidade de memoria para poder ser visualizadas.

Se se esgota a memoria do teléfono mentres carga unha páxina web deste tipo,

insira unha tarxeta de memoria. Do contrario, os videoclips non se visualizarán.
Para navegar polas páxinas web sen que se amosen os gráficos para aforrar

memoria e aumentar a velocidade da descarga, seleccione Opcións > Axustes >

Páxina > Cargar contido > Só texto.
Para actualizar o contido da páxina web, seleccione Opcións > Opcións de páxina

web > Recargar.
Para gardar o enderezo web da páxina actual como favorito, seleccione Opcións >

Opcións de páxina web > Gardar como favorito.
Para ver instantáneas das páxinas web que visitou durante a sesión de navegación

actual, seleccione Atrás (dispoñible se Lista de historial está activada nos axustes

do navegador e a páxina web actual non é a primeira páxina web que visita).
Para permitir ou impedir a apertura automática de varias fiestras, seleccione

Opcións > Opcións de páxina web > Bloq. fiestras emerx. ou Permit. fiestras

emer..
Para ampliar unha páxina web, toque dúas veces a pantalla.

Suxestión: Para enviar o navegador a segundo plano sen saír da aplicación

nin pechar a conexión, prema a tecla de finalización unha vez.

Navegador web

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

105