Información web e blogs
As fontes web son ficheiros XML de páxinas web que se empregan para compartir,
por exemplo, novas recentes ou blogs. Os blogs ou weblogs son diarios web. Resulta
común atopar fontes web en páxinas web, blog e wiki.
A aplicación do explorador web detecta automaticamente se unha páxina web
contén fontes web.
Para subscribirse a unha fonte web, seleccione unha e Opcións > Subscrib. a
fontes web.
Para actualizar unha fonte web, seleccione unha e Opcións > Actualizar. Tamén
é posible actualizar as fontes web dende a barra de Contactos.
Para definir como desexa que se actualicen as fontes web, seleccione Opcións >
Axustes > Fontes web.