Favoritos
É posible almacenar as súas páxinas web favoritas en Favoritos para acceder a elas
de xeito instantáneo.
Seleccione Menú > Internet > Web.
Acceder aos favoritos
1. Se dispón dunha páxina distinta de Favoritos axustada como páxina de inicio,
seleccione Opcións > Ir a > Favoritos.
2. Seleccione un enderezo web da lista ou da colección de favoritos da carpeta
Últim. webs visitadas.
Almacenaxe da páxina web actual como un favorito — Mentres navegue,
seleccione Opcións > Opcións de páxina web > Gardar como favorito.
Edición ou eliminación de favoritos — Seleccione Opcións > Xestor de
favoritos.
Envío ou adición de favoritos ou axuste de páxinas web marcadas como
favoritos como páxinas de inicio — Seleccione Opcións > Opcións de
favoritos.
Na barra de ferramentas, seleccione unha das seguintes opcións:
●
Engadir favorito — Permite engadir un novo favorito.
Navegador web
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
108
●
Ir ao enderezo web — Permite introducir un novo enderezo web.
●
Borrar — Permite eliminar un favorito.