Mail for Exchange
Con Mail for Exchange, pode recibir o correo electrónico do traballo no seu teléfono.
Poderá ler e contestar os correos electrónicos, ver e editar ficheiros adxuntos
compatibles, ver información do calendario, recibir e contestar solicitudes de
xuntanzas, programar xuntanzas, e ver, engadir ou editar información de contacto.
Mail for Exchange
O uso de Aplicación Mail for Exchange limítase á sincronización "over the air" da
información PIM entre o dispositivo de Nokia e o servidor autorizado Microsoft
Exchange.
Mail for Exchange só se pode configurar se a súa empresa dispón de Microsoft
Exchange Server. Ademais, o administrador de TI da súa empresa deberá activar
Mail for Exchange para a súa conta.
Antes de instalar Mail for Exchange, asegúrese de que dispón do seguinte:
● Un ID de correo electrónico de empresa
● O seu nome de usuario da rede da oficina
● O seu contrasinal da rede da oficina
● O seu nome de dominio da rede (póñase en contacto co departamento de TI da
súa empresa)
● O seu nome de servidor de Mail for Exchange (póñase en contacto co
departamento de TI da súa empresa)
Mensaxería
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
66
Dependendo da configuración do servidor de Mail for Exchange da súa empresa, é
posible que teña que inserir outra información ademais da incluída. Se non coñece
a información correcta, póñase en contacto co departamento de TI da súa empresa.
Con Mail for Exchange, é posible que o uso do código de bloqueo sexa obrigatorio.
O código de bloqueo predeterminado do teléfono é 12345, pero é posible que o
administrador de TI da súa empresa establecera un código diferente para vostede.
Para acceder e modificar o perfil e axustes de Mail for Exchange, vaia aos axustes
de Mensaxería.