Crear e editar o seu perfil
Editar a información do seu perfil — Seleccione O meu perfil.
Ver os perfís dos seus amigos de Contactos de Ovi — Seleccione un amigo e, a
continuación, Opcións > Perfil.
Os seus amigos de Contactos de Ovi poden visualizar a información do seu perfil. Os
outros usuarios de Contactos en Ovi só visualizan a seguinte información sobre o
perfil, por exemplo, durante unha busca: nome e apelidos. Para modificar os seus
axustes de privacidade, diríxase a Ovi no seu PC, e inicie a sesión na súa conta Nokia.
Cambiar a imaxe de perfil — Seleccione a imaxe de perfil, Selec. imaxe
existente e a imaxe nova. Tamén pode editar ou eliminar a imaxe actual do perfil
ou capturar unha nova.
Cambiar a súa dispoñibilidade — A súa dispoñibilidade está axustada por defecto
en Dispoñible. Para modificar a súa dispoñibilidade, seleccione a icona.
Mensaxería
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
72
Contarlles aos seus amigos que está a facer neste momento — Seleccione Qué
estás facendo?, e insira texto no campo.
Amosar aos amigos a música que está a escoitar actualmente — Seleccione
Reproducindo. Para facelo, debe marcar nos axustes de presenza a opción amosar
información sobre a reproducción actual.
Editar a súa información de contacto — Seleccione un campo e insira texto.
Na vista o Meu Perfil, seleccione Opcións e escolla entre as seguintes opcións:
● Editar — Cortar, copiar ou pegar texto.
● Cambiar — Modificar o seu estado (cando o campo de estado está seleccionado).
● Activar — Comunicar a súa situación e información sobre a reproducción actual
aos seus amigos (cando o campo está seleccionado).
● Desfacer cambios — Desfacer os cambios realizados na vista perfil.
● Editar localiz. compart. — Seleccionar os marcadores que desexa comunicar
aos seus amigos (cando o campo A miña localización está seleccionado).
● Deter compartir — Deixar de comunicar a situación aos seus amigos (cando o
campo A miña localización está seleccionado).
As opcións dispoñibles poden variar.