Comezar a usar Contactos de Ovi
Seleccione Axenda e abra a ficha Ovi.
O servizo Contactos de Ovi forma parte integrante deste último, polo que usa a
información da mesma conta.
Se é novo en Ovi e os seus servizos, para comezar a usar a aplicación Contactos de
Ovi, debe rexistrarse en Ovi creando unha conta Nokia.
Crear unha Conta Nokia
1. Seleccione Chat Ovi, cando estea listo, conéctese a Internet.
2. Insira a información requirida.
3. Na vista O meu perfil, insira a súa información de perfil. O nome e os apelidos
son obrigatorios.
4. Seleccione Feito.
Se xa se rexistrou en Ovi usando o seu PC ou dispositivo móbil, pode comezar a usar
Contactos de Ovi cos datos da mesma conta.
Iniciar sesión en Contactos de Ovi e activar o servizo — Seleccione Chat Ovi e
introduza o seu nome de usuario e contrasinal. Se aínda non inseriu a súa
información de perfil para Contactos de Ovi, fágao e seleccione Feito. O nome e os
apelidos son obrigatorios.
Mensaxería
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
71