Iniciar un chat
Seleccione Menú > Aplicacións > MI.
1. Seleccione o servizo ou servizos que desexe utilizar para chatear e, a
continuación, seleccione Continuar.
Pode iniciar sesión e conversar en varios servizos ao mesmo tempo. Cómpre
iniciar sesión por separado en cada servizo.
Mensaxería
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
79
2. Na súa lista de contactos, seleccione o contacto co que desexa chatear.
É posible manter conversas con varios contactos ao mesmo tempo.
Obter máis información — Seleccione a icona de opcións e a opción axeitada.
8. Personalización do dispositivo
É posible personalizar o seu teléfono cambiándolle a pantalla de inicio, os tons e os
temas.
Cambio do aspecto do dispositivo
Seleccione Menú > Axustes e Persoal > Temas.
É posible empregar temas para cambiar o aspecto da pantalla, como o fondo e o
deseño do menú.
Para cambiar o tema utilizado para todas as aplicacións do dispositivo, seleccione
Xeral. Para ver unha vista previa dun tema antes de activalo, desprácese ata el e
espere uns segundos. Para activar o tema, seleccione Opcións > Fixar. O tema
activo indícase mediante .
Para cambiar o deseño do menú principal, seleccione Menú.
Para cambiar o aspecto da pantalla de inicio, seleccione Tema da p. Inicio.
Se desexa ver unha imaxe de fondo ou unha presentación de diapositivas de imaxes
como fondo na pantalla de inicio, seleccione Fondo > Imaxe ou Present.
diapositivas.
Para cambiar a imaxe que se amosa na pantalla de inicio cando se recibe unha
chamada, seleccione Imaxe chamada.
Perfís
Seleccione Menú > Axustes e Persoal > Perfís.