
Definición dos axustes de correo electrónico
Seleccione Menú > Mensaxería e Caixa de correo.
Para utilizar o correo electrónico, cómpre ter definido un punto de acceso válido á
Internet (IAP) no dispositivo e definir os axustes de correo electrónico
correctamente.
Cómpre dispoñer dunha conta de correo electrónico individual. Siga as instrucións
do seu fornecedor de servizos da Internet (ISP) e da caixa de correo remota.
Se selecciona Mensaxería > Caixa de correo e non ten configurada a súa conta
de correo electrónico, solicitaráselle efectuar esta acción. Para iniciar a creación dos
axustes de correo electrónico coa guía da caixa de correo, seleccione Iniciar.
Mensaxería
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
63

Cando se crea unha nova caixa de correo, o nome que lle asigne substituirá a Caixa
de correo na vista principal de Mensaxería. É posible dispoñer de ata seis caixas de
correo.