
Xestión de caixas de correo
Seleccione Menú > Mensaxería e Opcións > Axustes > Correo.
Para seleccionar a caixa de correo que desexa utilizar para enviar e recibir correos
electrónicos, seleccione Caixa de correo en uso e unha caixa de correo.
Para eliminar unha caixa de correo e as súas mensaxes do teléfono, seleccione
Caixas de correo, toque a caixa de correo que vai eliminar se non está xa resaltada,
e seleccione Opcións > Borrar.
Para crear unha nova caixa de correo, seleccione Caixas de correo > Opcións >
Nova caixa de correo. O nome que lle asigne á nova caixa de correo substituirá a
Caixa de correo na vista principal de Mensaxería. É posible dispoñer de ata seis caixas
de correo.
Seleccione Caixas de correo e unha caixa de correo para cambiar os axustes de
conexión, os axustes de usuario, os axustes de recuperación e os axustes de
recuperación automática.
Mensaxería
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
70