
Ver a súa posición e o mapa.
Vexa a súa posición actual e explore mapas de distintas cidades e países.
Seleccione Menú > Mapas e Miña posic..
marca a súa posición actual, se está dispoñible. Cando o dispositivo estea a
buscar a súa posición, pestanexará. No caso de que a súa posición non estea
dispoñible, indicará a súa última posición coñecida.
No caso de que soamente estea dispoñible o posicionamento baseado na ID da cela,
unha auréola vermella en torno á icona de posicionamento indica a área xeral na
que é posible que se atope. En áreas densamente poboadas aumenta a precisión
desta estimación e a auréola vermella amósase máis pequena que nas zonas pouco
poboadas.
Desprazamento polo mapa — Arrastre o mapa co dedo. Por defecto, o mapa está
orientado cara ao norte.
Ver a posición actual ou a última coñecida. — Seleccione .
Ampliar ou reducir — Seleccione + ou -.
Se se despraza a unha área que non estea cuberta polos mapas que teña gardados
no seu dispositivo e dispón dunha conexión de datos activa, os mapas novos
descargaranse automaticamente.
A cobertura dos mapas varía en función do país ou da rexión.
Mapas
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
116