Sincronizar os seus Favoritos
Planifique unha viaxe no seu ordenador no sitio web de Mapas de Ovi, sincronice
os lugares e rutas gardados co seu dispositivo móbil e acceda ao plan dende
calquera lugar.
Para sincronizar lugares ou rutas entre o seu dispositivo móbil e o servizo da
Internet de Mapas de Ovi, cómpre iniciar sesión na súa conta Nokia.
Sincronizar lugares e rutas gardados — Seleccione Favoritos > Sincronizar
con Ovi. Se non dispón dunha conta Nokia, solicitaráselle crear unha.
Axustar o dispositivo para sincronizar Favoritos automaticamente —
Seleccione > Sincronización > Sincronización > Ao iniciar e ao apagar. O
dispositivo inicia a sincronización cando se abre ou pecha a aplicación Mapas.
A sincronización require unha conexión á Internet activa e pode implicar a
transmisión de grandes cantidades de datos a través da rede do seu fornecedor de
servizos. Para obter información verbo das tarifas de transmisión de datos, póñase
en contacto co seu fornecedor de servizos.
Para utilizar o servizo da Internet de Mapas Ovi, consulte a páxina www.ovi.com.