
Planificación de rutas
Planifique a súa viaxe e cree a súa ruta para visualizala no mapa antes de saír.
Seleccione Menú > Mapas e Miña posic..
Crear unha ruta
1. Toque a situación do seu punto de inicio. Para buscar un lugar ou enderezo,
seleccione Buscar.
2. Toque na área de información da situación .
3. Seleccione Engadir á ruta.
4. Para engadir outro punto na ruta, seleccione Eng. novo punto de ruta e a
opción axeitada.
Cambiar a orde dos puntos da ruta.
1. Seleccionar un punto de ruta.
2. Seleccione Mover.
3. Toque o lugar ao que desexe mover o punto de ruta.
Editar a situación dun punto de ruta — Para engadir outro punto na ruta,
seleccione Editar e a opción axeitada.
Amosar a ruta no mapa. — Seleccione Amos. ruta.
Navegación ata o destino desexado — Seleccione Amos. ruta > Opcións >
Empezar a conducir ou Empezar a camiñar.
Cambiar os axustes dunha ruta
Os axustes da ruta afectan á guía de navegación e á forma de amosarse a ruta no
mapa.
Mapas
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
127

1. Na vista do planificador da ruta, abra a pestana Axustes. Para ir á vista do
planificador da ruta desde a vista de navegación, seleccione Opcións > Ptos.
de ruta ou Listaxe de puntos de ruta.
2. Axuste o medio de transporte a Conducir ou Camiñar. Se selecciona Camiñar,
as rúas dunha soa dirección serán consideradas como rúas normais e poderanse
usar paseos e rutas, por exemplo, a parques e centros comerciais.
3. Seleccione a opción desexada.
Seleccionar o modo de Camiñar — Abrir a pestana Axustes e seleccionar
Camiñar > Ruta preferida > Rúas ou Liña recta. Liña recta resulta útil en terreos
sen estradas, dado que indica a dirección da marcha.
Uso da ruta máis rápida ou máis curta — Abra a pestana Axustes e seleccione
Conducir > Selección de ruta > Ruta máis rápida ou Ruta máis curta.
Uso da ruta de condución optimizada — Abra a pestana Axustes e seleccione
Conducir > Selección de ruta > Optimizada. A ruta de condución optimizada
combina as vantaxes da ruta máis curta e da máis rápida.
Tamén pode elixir permitir ou evitar, por exemplo, autovías, autoestradas ou
transbordadores.
17. Conectividade
O teléfono fornece diversas opcións de conexión á Internet, a outro dispositivo
compatible ou a un ordenador.
Conexións de datos e puntos de acceso
O seu dispositivo admite conexións de paquetes de datos (servizo de rede), como
GPRS, na rede GSM. Cando se usa o dispositivo en redes GSM e 3G, pode haber varias
conexións de datos activas ao mesmo tempo e os puntos de acceso poden compartir
unha conexión de datos. Na rede 3G, as conexións de datos seguen activas durante
as chamadas de voz.