
Obter a guía de voz
A guía de voz, se está dispoñible no seu idioma, serve de axuda para atopar o camiño
a un punto de destino e así permite desfrutar da viaxe.
Seleccione Menú > Mapas e Conducir ou Camiñar.
Mapas
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
123

Cando utilice a navegación de Conducir ou Camiñar por primeira vez, solicitaráselle
que seleccione o idioma da orientación por voz e que descargue os ficheiros
correspondentes.
Se selecciona un idioma que inclúa nomes de rúas, leranse tamén os nomes das
rúas. A guía de voz pode non estar dispoñible no seu idioma.
Cambiar o idioma da guía de voz — Na vista principal, seleccione e
Navegación > Guía para conducir ou Guía para camiñar e a opción
correspondente.
Desactivar a guía de voz — Na vista principal, seleccione e Navegación >
Guía para conducir ou Guía para camiñar e Ningunha.
Repetir a guía de voz para a navegación en coche — Na vista de navegación,
seleccione Opcións > Repetir.
Axustar o volume da guía de voz para a navegación en coche. — Na vista de
navegación, seleccione Opcións > Volume.