
Obteña información sobre o tráfico e a seguridade
Mellore a súa condución con información en tempo real sobre os eventos do tráfico,
servizos de asistencia na estrada e advertencias de límites de velocidade, se están
dispoñibles no seu país ou rexión.
Seleccione Menú > Mapas e Conducir.
Ver eventos de tráfico no mapa — Durante a navegación para coche, seleccione
Opcións > Info tráfico. Os eventos móstranse como triángulos e liñas.
Actualizar a información de tráfico — Seleccione Opcións > Info tráfico >
Actualizar info. tráfico.
Cando estea a planificar unha ruta, pode axustar o dispositivo para que evite
eventos de tráfico, como os atascos ou as obras nas estradas.
Evitar os eventos do tráfico — Na vista principal, seleccione > Navegación >
Desviar polo tráfico.