
Descargar e actualizar mapas
Para evitar custos correspondentes á transferencia de datos a través de móbiles,
descargue os últimos mapas e ficheiros de guía por voz no seu ordenador e, a
continuación, transfíraos e gárdeos no seu dispositivo.
Utilice a aplicación Nokia Ovi Suite para descargar os últimos mapas e ficheiros de
guía por voz no seu ordenador compatible. Para descargar e instalar Nokia Ovi Suite
no seu ordenador compatible, consulte a páxina www.ovi.com.
Suxestión: Garde mapas novos no seu dispositivo antes dunha viaxe, para
que poida explorar os mapas sen unha conexión á Internet cando viaxe ao
estranxeiro.
Para asegurarse de que o seu dispositivo non utilice unha conexión á Internet, no
menú principal, seleccione > Internet > Conexión > Fóra de liña.