Compartir a posición
Publique a súa posición actual en Facebook e engádalle texto e unha imaxe. Os seus
amigos de Facebook poderán ver a súa posición nun mapa.
Seleccione Menú > Mapas e Comp. posic..
Para compartir a posición, cómpre ter unha conta en Nokia e outra en Facebook.
1. Inicie sesión na súa conta Nokia. Se aínda non dispón dunha, seleccione Crear
nova conta.
2. Inicie sesión na súa conta de Facebook.
3. Seleccione a súa posición actual.
4. Introduza o seu estado.
5. Para anexar unha imaxe á súa mensaxe, seleccione Engadir unha foto.
6. Seleccione Compartir posición.
Xestionar a súa conta de Facebook — Na vista principal, seleccione Contas >
Axustes para compartir lugares > Facebook.
Para poder compartir a súa posición e ver a posición dos outros usuarios cómpre
estar conectado a internet. Isto pode implicar a transmisión de grandes cantidades
de datos e a aplicación de tarifas de tráfico de datos relacionadas.
Mapas
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
122
O uso compartido da posición en Facebook está rexido polos termos de uso de
Facebook. Revise os termos de uso e a política de privacidade de Facebook.
Antes de compartir a súa posición con outros usuarios, teña en conta sempre con
quen a está a compartila. Comprobe os axustes de privacidade do servizo de rede
social que está a utilizar, xa que é posible que comparta a súa posición cun grupo
grande de persoas.