
Camiñar ata o seu destino
Cando precise instrucións para seguir unha ruta camiñando, Mapas o guía a través
de prazas, parques, zonas peonís e mesmo centros comerciais.
Seleccione Menú > Mapas e Camiñar.
Camiñar ata un destino — Seleccione Fixar destino e a opción axeitada.
Camiñar ata a casa — Seleccione Camiñar á casa.
Cando seleccione Conducir á casa ou Camiñar á casa por primeira vez, pediráselle
que defina a situación da súa casa. Faga o seguinte se desexa cambiar a situación
da súa casa máis adiante:
1. Na vista principal, seleccione .
2. Seleccione Navegación > Localización do seu domicilio > Redefinir.
3. Seleccione a opción axeitada.
Mapas
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
126

Suxestión: Para camiñar ata un destino definido, seleccione Mapa. A súa
situación amósase no centro do mapa a medida que se mova.