Nokia 5235 Comes With Music - Acerca dos métodos de posicionamento

background image

Acerca dos métodos de posicionamento

Mapas amosa a súa situación no mapa a través de conexións GPS, A-GPS ou

posicionamento baseado na ID da cela.
O Sistema de Posicionamento Global (GPS) é un sistema baseado en satélite que se

emprega para calcular a súa situación. O GPS asistido (A-GPS) é un servizo de rede

que lle envía datos GPS, o que axuda a mellorar a velocidade e a precisión do

posicionamento.

Mapas

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

118

background image

Co posicionamento baseado na ID da cela, a posición determínase a través da antena

á que estea conectado o seu dispositivo móbil nese momento.
Cando utilice Mapas por primeira vez, pediráselle que defina o punto de acceso á

Internet que se empregará para descargar a información do mapa ou usar A-GPS.
O sistema de posicionamento global (GPS) está operado polo goberno dos Estados

Unidos, que é o único responsable da precisión e mantemento do sistema. A

precisión dos datos de localización pode verse afectada polos axustes nos satélites

GPS efectuados polo goberno dos Estados Unidos e está suxeita a modificacións

procedentes da política de GPS civil do Ministerio de defensa dos Estados Unidos e

do Plan de radionavegación federal (Federal Radionavigation Plan). A precisión

tamén pode verse afectada pola xeometría de baixo nivel do satélite. A

dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS poden verse afectadas pola súa

localización, os edificios e os obstáculos naturais ademais de polas condicións

meteorolóxicas. É posible que os sinais GPS non estean dispoñibles no interior dos

edificios ou en pasos subterráneos e que a súa transmisión non sexa posible a través

de materiais como formigón e metal.
O sistema GPS non se debe utilizar para a medición dunha localización precisa e

vostede non debe depender só dos datos de localización procedentes do receptor

GPS nin das redes de radio móbil para determinar posicións nin para a navegación.
A precisión do hodómetro é limitada, polo que é posible que se produzan erros de

redondeo. A precisión tamén se pode ver afectada pola dispoñibilidade e calidade

dos sinais GPS.