Vehículos
Os sinais de radiofrecuencia poden afectar aos sistemas electrónicos
incorrectamente instalados ou protexidos dos vehículos, por exemplo, os sistemas
de inxección de combustible, os sistemas de ABS, os sistemas de control de
velocidade electrónicos e os sistemas de airbag. Para obter máis información,
consulte co fabricante do vehículo ou do equipo.
O dispositivo só deberá ser instalado nun vehículo por parte de persoal cualificado.
Unha instalación ou reparación defectuosa pode resultar perigosa e pode invalidar
a súa garantía. Comprobe regularmente que todos os dispositivos sen fíos do
vehículo funcionen e estean montados correctamente. Non almacene nin
transporte líquidos inflamables, gases ou materiais explosivos no mesmo
compartimento que o dispositivo, os seus compoñentes ou accesorios. Recorde que
os airbag despréganse con gran forza. Non coloque o dispositivo nin accesorios na
zona onde se desprega o airbag.
Apague o dispositivo antes de embarcar nun voo. O uso de dispositivos sen fíos nun
avión pode resultar perigoso para o funcionamento do avión, e pode ser ilegal.