Dispositivos médicos
A utilización de equipos de transmisión por radio, incluídos os teléfonos sen fíos,
pode producir interferencias no funcionamento de dispositivos médicos
incorrectamente protexidos. Póñase en contacto cun médico ou co fabricante do
dispositivo médico para determinar se se atopa axeitadamente protexido da
enerxía de radiofrecuencia externa. Apague o dispositivo cando así o esixan as
normativas correspondentes. É posible que os hospitais ou os centros de atención
médica utilicen equipos que resulten sensibles á enerxía de radiofrecuencia
externa.