Nokia 5235 Comes With Music - Chamadas de emerxencia

background image

Chamadas de emerxencia

Importante: Este dispositivo funciona con sinais de radio, redes sen fíos,

redes terrestres e funcións programadas polo usuario. Se o dispositivo admite

chamadas de voz a través da Internet (chamadas da Internet), active as chamadas

da Internet e o teléfono móbil. O dispositivo intentará efectuar as chamadas de

emerxencia a través das redes móbiles e do fornecedor de chamadas da Internet se

se atopan activados ámbolos dous. Non se pode garantir que as conexións

funcionen en todas as condicións. Nunca dependa unicamente dun dispositivo

móbil para efectuar comunicacións importantes, coma urxencias médicas.
Para efectuar chamadas de emerxencia, faga o seguinte:
1. Se o dispositivo está apagado, acéndao. Comprobe que a intensidade do sinal é

a axeitada. En función do dispositivo, é posible que tamén necesite realizar o

seguinte:
● Insira unha tarxeta SIM se o dispositivo utiliza unha.
● Elimine as restricións das chamadas que estean activadas no dispositivo.
● Cambie o perfil de modo de perfil desconectado a un perfil activo.
● Se a pantalla e as teclas están bloqueadas, deslice o interruptor de bloqueo

no lateral do dispositivo para desbloquealas.

2. Prema a tecla Finalizar as veces necesarias para borrar a pantalla e preparar o

dispositivo para chamadas.

3. Para abrir o marcador, seleccione Teléfono ou .

Información do produto e de seguridade

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

175

background image

4. Insira o número de emerxencia da localidade na que se atope. Os números de

emerxencia poden variar en cada localidade.

5. Prema a tecla Chamar.
Cando realice unha chamada de emerxencia, facilite toda a información necesaria

do xeito máis preciso posible. É posible que o seu dispositivo sen fíos sexa o único

medio de comunicación na escena dun accidente. Non finalice a chamada ata que

reciba permiso para facelo.