Verbo da xestión dos dereitos dixitais
Cando utilice este dispositivo, respecte a lexislación e os costumes locais, a
intimidade e os dereitos lexítimos das demais persoas, incluídos os dereitos de
autor. É posible que as leis de protección dos dereitos de autor non autoricen a
copia, modificación ou transferencia de imaxes, música e demais contido.
É posible que os propietarios de contidos utilicen diferentes tipos de tecnoloxías de
xestión de dereitos dixitais (DRM) para protexer a súa propiedade intelectual,
incluídos os dereitos de autor. Este dispositivo utiliza varios tipos de software DRM
para acceder a contido protexido mediante DRM. Con este dispositivo é posible
acceder a contido protexido con WMDRM 10 e OMA DRM 2.0. Se un determinado
software DRM non protexe o contido, é posible que os propietarios do contido
soliciten que se anule a capacidade do mencionado software de acceder a novos
contidos protexidos mediante DRM. Esta anulación pode tamén impedir a
renovación do contido protexido que xa se atope no dispositivo, mediante DRM.
Esta anulación non afectará ao uso de contido protexido con outros tipos de DRM
ou ao uso de contido non protexido mediante DRM.
Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais (DRM) subminístranse
cunha licenza asociada que define os seus dereitos para utilizar o contido.
Información do produto e de seguridade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
171
Se o seu dispositivo dispón de contido protexido mediante OMA DRM, para facer
unha copia de seguridade das licenzas e do contido, utilice a función de copia de
seguridade de Nokia Ovi Suite.
É posible que outros métodos de transferencia non transfiran as licenzas que é
necesario recuperar co contido para que poida continuar utilizando o contido
protexido mediante OMA DRM despois de formatar a memoria do dispositivo. Tamén
é posible que necesite recuperar as licenzas en caso de que se danen os ficheiros
do dispositivo.
Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante WMDRM, tanto as licenzas
como o contido perderanse se formata a memoria do dispositivo. Tamén é posible
que perda as licenzas e o contido se se danan os ficheiros do dispositivo. A perda
das licenzas ou do contido pode limitar a súa capacidade para utilizar o mesmo
contido no seu dispositivo de novo. Para obter máis información, póñase en
contacto co seu fornecedor de servizos.
É posible que algunhas licenzas estean ligadas a tarxetas SIM específicas, e que só
poida acceder ao contido protexido se a tarxeta SIM se atopa inserida no dispositivo.