
Coidado do dispositivo
● Manteña o dispositivo seco. As precipitacións, a humidade e todos os tipos de
líquidos poden conter minerais que produzan a corrosión dos circuítos
electrónicos. Se o dispositivo entra en contacto coa auga, retire a batería e agarde
a que o dispositivo se seque completamente antes de volver a colocala.
● Non utilice nin almacene o dispositivo en lugares sucios ou poeirentos, xa que
poderían producirse danos nas súas pezas móbiles e nos compoñentes
electrónicos.
● Non garde o dispositivo a temperaturas elevadas. As temperaturas elevadas
poden reducir a vida útil do dispositivo, danar a batería e deformar ou derreter
os plásticos.
● Non garde o dispositivo en lugares fríos. Cando o dispositivo regrese á súa
temperatura normal, é posible que se forme humidade no interior do mesmo e
que se produzan danos nos circuítos electrónicos.
● Non intente abrir o dispositivo dun xeito distinto ao indicado nesta guía de
usuario.
● A utilización de modificacións non autorizadas pode danar o dispositivo e
infrinxir a lexislación que regula o uso de dispositivos de radio.
● Non deixe caer, golpee nin axite o dispositivo. Un manexo brusco pode producir
a rotura das placas dos circuítos e dos mecanismos internos.
● Utilice só un pano seco, suave e limpo para limpar a superficie do dispositivo.
● Non pinte o dispositivo. A pintura pode atascar as pezas móbiles e impedir o
funcionamento axeitado.
● Apague o dispositivo e retire a batería de vez en cando para obter un rendemento
óptimo.
● Non acerque o seu dispositivo a imáns ou campos magnéticos.
● Para manter os seus datos importantes seguros, almacéneos en polo menos dous
lugares separados, por exemplo, no seu dispositivo, na tarxeta de memoria ou
no ordenador, ou escriba a información importante.
Información do produto e de seguridade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
170

Durante o funcionamento continuado, é posible que o dispositivo aumente de
temperatura. Na maioría de casos, trátase de algo normal. Se sospeita que o
dispositivo non funciona correctamente, envíeo ó centro de servizo técnico
autorizado máis próximo.