
Holograma de autenticación
1. Observe o holograma. Cómpre ver o símbolo no que se unen
as mans de Nokia dende un ángulo e o logotipo de
accesorios orixinais de Nokia se o mira dende o outro
ángulo.
2. Incline o holograma cara á esquerda, dereita, abaixo e
arriba. Deberá ver 1, 2, 3 e 4 puntos en cada lado
respectivamente.
Non obstante, isto non garante totalmente a autenticidade da
batería. Se non pode confirmar a autenticidade ou se ten razóns
para pensar que a batería Nokia co símbolo na etiqueta non é
unha batería Nokia auténtica, deixe de utilizar a batería e
envíea a un distribuidor ou ao centro de servizo técnico máis
próximo de Nokia para recibir asistencia.
Para obter máis información verbo das baterías orixinais de
Nokia, visite a páxina web www.nokia.com/battery.
Información do produto e de seguridade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
169