Organización de imaxes e vídeos
Seleccione Menú > Galería.
Seleccione Imaxes e vídeos > Opcións e escolla entre as seguintes opcións:
● Opcións de carpeta — Para mover ficheiros a cartafoles, seleccione Mover á
carpeta. Para crear un cartafol novo, seleccione Nova carpeta.
● Organizar — Para copiar ficheiros a cartafoles, seleccione Copiar. Para mover
ficheiros a cartafoles, seleccione Mover.
● Ver por — Permite ver ficheiros pola súa data, título ou tamaño.
12. Compartir en liña
Verbo de Compartir en liña
Seleccione Menú > Internet > Comp. liña.
Con Compartir en liña (servizo de rede), pode enviar imaxes, videoclips e clips de
son desde o seu dispositivo a servizos de uso compartido en liña compatibles, como
álbums e blogs. Tamén é posible ver e enviar comentarios sobre as mensaxes destes
servizos e descargar contido ao seu teléfono Nokia compatible.
Os tipos de contido admitido e a dispoñibilidade do servizo Compartir en liña poden
variar.
Subscrición aos servizos
Seleccione Menú > Internet > Comp. liña.
Para subscribirse a un servizo de uso compartido en liña, acceda ao sitio web do
fornecedor de servizos e comprobe que o teléfono sexa compatible co devandito
servizo. Cree unha conta seguindo as instrucións que se indican no sitio web.