Teclado virtual
Co teclado virtual (Teclado alfanumérico), é posible inserir caracteres do mesmo
xeito que con un teclado físico tradicional con números nas teclas.
1 — Pechar: permite pechar o teclado virtual (Teclado alfanumérico).
2 — Menú de entrada: permite abrir o menú de entrada táctil, que inclúe comandos
como Activar texto preditivo e Idioma de escritura.
3 — Indicador de entrada de texto: permite abrir unha ventá emerxente na que é
posible activar ou desactivar os modos de entrada de texto preditivo, cambiar a
maiúsculas ou minúsculas e alternar entre os modos de números e letras.
4 — Modo de entrada: permite abrir unha ventá emerxente na que pode seleccionar
o modo de entrada. Ao tocar nun elemento, a vista do método de entrada actual
péchase e ábrese o seleccionado. A dispoñibilidade dos modos de entrada pode
Escribir texto
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
51
variar en función de se o modo de entrada automática (axustes do sensor) se atopa
activado ou non.
5 — Teclas de frecha: permiten desprazarse á esquerda ou á dereita.
6 — Retroceso
7 — Números
8 — Asterisco: permite abrir a táboa de caracteres especiais.
9 — Maiúsculas: permite alternar entre maiúsculas e minúsculas, activar e
desactivar os modos de entrada de texto preditivo e cambiar entre os modos
numérico e de letras.