Axustes de entrada táctil
Seleccione Menú > Axustes e Teléfono > Entrada toque.
Para modificar os axustes de inserción de texto da pantalla táctil, seleccione unha
das opcións seguintes:
● Práctica escritura manual — Permite abrir a aplicación de práctica de escritura
manual. Faga que o dispositivo aprenda a recoñecer mellor a súa escritura
manual. Esta opción non se atopa dispoñible en todos os idiomas.
● Idioma de escritura — Permite definir os caracteres específicos do idioma que
se recoñecen na súa escritura manual e a disposición do teclado virtual.
● Velocidade de escritura — Permite seleccionar a velocidade de escritura.
Escribir texto
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
53
● Liña de guía — Permite amosar ou ocultar a liña de guía na zona de escritura.
Esta liña de guía axudarao a escribir en liña recta e fará que sexa máis doado
para o dispositivo recoñecer a súa escritura manual.
● Ancho do rastro do lapis — Permite seleccionar o grosor do texto escrito co
estilete.
● Cor de escritura — Permite seleccionar a cor do texto escrito co estilete.
● Busca adaptable — Activar unha busca adaptiva.
● Calibración pantalla táctil — Permite calibrar a pantalla táctil.
6. Contactos
Pode gardar e actualizar a información de contacto, como números de teléfono,
enderezos postais ou enderezos de correo electrónico dos seus contactos. Pode
engadir un ton de chamada persoal ou unha miniatura a un contacto. Ademais,
tamén pode crear grupos de contacto, o que lle permite enviar mensaxes de texto
ou correos electrónicos a varios destinatarios á vez.
Para abrir a lista de contactos, na pantalla de inicio, en función do tema da pantalla
de inicio, seleccione Axenda ou .
Gardar e editar nomes e números
Seleccione Menú > Axenda.
Adición dun contacto novo á lista de contactos
1. Seleccione .
2. Seleccione un campo para inserir información. Para pechar a entrada de texto,
seleccione . Cubra os campos axeitados e seleccione Feito.
Editar contactos — Seleccione un contacto e Opcións > Editar.