Nokia 5235 Comes With Music - Tons de chamada, imaxes e texto de chamada para contactos

background image

Tons de chamada, imaxes e texto de chamada para

contactos

É posible definir un ton de chamada para un grupo ou contacto e unha imaxe ou un

texto de chamada para un contacto. Cando o contacto lle chame, o dispositivo

reproducirá o ton de chamada seleccionado e amosará a imaxe ou texto de chamada

(de enviarse xunto coa chamada o número de teléfono da persoa que chama e de

que o dispositivo o recoñeza).
Para definir un ton de chamada para un contacto ou grupo de contactos, seleccione

o contacto ou o grupo e Opcións > Editar > Ton de chamada, e un ton de

chamada.
Para engadir máis campos a unha vista de información dun contacto, seleccione o

contacto e, a continuación, Opcións > Editar > Opcións > Engadir detalle.
Para definir un texto de chamada para un contacto, seleccione o contacto e

Opcións > Editar > Opcións > Engadir detalle > Texto aviso chamada.

Puntear o campo de texto para introducir o texto de chamada e seleccione .

Contactos

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

56

background image

Para engadir unha imaxe a un contacto gardado na memoria do dispositivo,

seleccione o contacto, Opcións > Editar > Engadir imaxe e unha imaxe de

Galería.
Para eliminar o ton de chamada, seleccione Ton predeterminado da lista de tons

de chamada.
Para ver, cambiar ou eliminar a imaxe dun contacto, seleccione o contacto,

Opcións > Editar > Imaxe > Opcións, e a opción desexada.