
USB
Seleccione Menú > Axustes e Conectividade > USB.
Conectividade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
138

Para que o dispositivo pregunte pola finalidade da
conexión cada vez que se conecta un cable de datos
compatible, seleccione Pregunt. ao conectar > Si.
Se a opción Pregunt. ao conectar está desactivada ou se
desexa cambiar o modo durante unha conexión activa,
seleccione Modo de conexión USB e unha das seguintes
opcións:
● Ovi Suite — Permite utilizar as aplicacións de Nokia
PC como Nokia Ovi Suite e Nokia Software Updater.
● Almacenaxe masiva — Permite transferir datos entre
o dispositivo e un ordenador compatible.
● Transferencia imaxes — Permite imprimir imaxes
cunha impresora compatible.
● Transferencia multim. — Permite sincronizar música
con Nokia Ovi Player ou Windows Media Player.