Bloqueo de dispositivos
Seleccione Menú > Axustes e Conectividade > Bluetooth.
Para bloquear un dispositivo para que non estableza unha conexión Bluetooth co
seu teléfono, abra a ficha Disposit. vinculados. Toque no dispositivo que desexe
bloquear, de non estar xa resaltado e seleccione Opcións > Bloquear.
Para desbloquear o dispositivo, abra a ficha Dispositivos bloq., toque nel se non
está xa resaltado, e seleccione Opcións > Borrar.
Para desbloquear todos os dispositivos bloqueados, seleccione Opcións > Borrar
todos.
Conectividade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
137
Se rexeita unha solicitude de vinculación doutro dispositivo, preguntaráselle se
desexa bloquear todas as futuras solicitudes de conexión deste. Se contesta
afirmativamente á pregunta, o dispositivo remoto engadirase á lista de dispositivos
bloqueados.