
Axustes
Seleccione Menú > Axustes e Conectividade > Bluetooth.
Cando abre a aplicación por primeira vez, solicítaselle que defina un nome para o
teléfono. Pode cambiar o nome máis tarde.
Seleccione unha das opcións seguintes:
● Bluetooth — Permite activar e desactivar a conectividade Bluetooth.
Conectividade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
134

● Visibilid. do meu teléfono — Para permitir que outros dispositivos con
tecnoloxía sen fíos Bluetooth atopen o teléfono, seleccione Visible. Para axustar
o tempo que desexa que transcorra para que a visibilidade cambie de Visible a
Oculto, seleccione Fixar período visib.. Para ocultar o teléfono doutros,
seleccione Oculto.
● Nome do meu teléfono — Permite editar o nome que desexa que se amose a
outros dispositivos con tecnoloxía sen fíos Bluetooth.
● Modo SIM remota — Activa ou desactiva outro dispositivo, como un accesorio
de kit de automóbil compatible, para utilizar a tarxeta SIM no dispositivo e
conectarse á rede.