Acerca de Bluetooth
A tecnoloxía Bluetooth integrada no dispositivo permite realizar conexións sen fíos
entre dispositivos electrónicos nun espazo de 10 metros. A conexión Bluetooth
Conectividade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
133
pódese empregar para enviar imaxes, vídeos, texto, tarxetas de visita, notas da
axenda ou para conectarse sen fíos a dispositivos que utilicen a tecnoloxía
Bluetooth.
Dado que os dispositivos que empregan a tecnoloxía Bluetooth utilizan ondas de
radio, o seu dispositivo e os outros dispositivos non precisan estar apuntando uns
cara aos outros. Os dous dispositivos só precisan estar a unha distancia máxima de
10 metros, aínda que a conexión pode estar suxeita a interferencias de obstrucións
como paredes ou dispositivos electrónicos.
Pódense activar varias conexións Bluetooth á vez. Por exemplo, se o seu dispositivo
está conectado a un auricular, tamén pode transferir ficheiros a outros dispositivos
compatibles á vez.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2.0 + EDR que admite os
seguintes perfís: distribución de son avanzada, control remoto audio/vídeo,
tratamento básico de imaxes, identificación de dispositivos, conexión á rede por
liña conmutada, transferencia de ficheiros, acceso xenérico, distribución de son e
vídeo xenérica, mans libres, auriculares, envío de obxectos, acceso ao caderno de
teléfonos, acceso á SIM e transmisión de audio estéreo . Para asegurar a
interoperabilidade con outros dispositivos que dispoñan de tecnoloxía Bluetooth,
utilice accesorios Nokia homologados para este modelo. Póñase en contacto cos
fabricantes dos outros dispositivos para obter información sobre a compatibilidade
con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o consumo de enerxía e
reducen a duración da batería.