Visualización e descarga de videoclips
Conexión aos servizos de vídeo
1. Seleccione Menú > Aplicacións > Centro víd..
2. Para conectarse a un servizo para instalar os servizos de vídeo, seleccione
Engadir novos servizos e o servizo de vídeo desexado do catálogo de servizos.
Ver un videoclip
Para buscar o contido de servizos de vídeo instalados, seleccione Fontes de
vídeo.
Pode que o contido dalgúns servizos de vídeo estea dividido en categorías. Para
navegar polos videoclips, seleccione unha categoría. Para buscar un videoclip no
servizo, seleccione Busca de vídeos. É posible que a busca non estea dispoñible en
todos os servizos.
Para ver información acerca do videoclip seleccionado, seleccione Opcións >
Detalles do vídeo.
Algúns clips de vídeo pódense transmitir por secuencias mediante unha conexión
polo aire, pero outros cómpre descargalos primeiro ao dispositivo. Para descargar
un videoclip, seleccione Opcións > Descargar. As descargas continuarán en
segundo plano se sae da aplicación. Os videoclips descargados gárdanse en Os meus
vídeos. Para transmitir por secuencias un videoclip ou para ver un descargado,
seleccione Opcións > Reproducir. Cando se estea reproducindo o videoclip, toque
na pantalla para empregar as teclas de control do reprodutor. Para axustar o
volume, utilice a tecla de volume.
Aviso: A exposición continua a niveis elevados de volume pode danar a súa
capacidade auditiva. Escoite música a un volume moderado e non suxeite o
dispositivo preto do seu oído co altofalante activado.
Programación de descargas
A configuración da aplicación para descargar videoclips automaticamente pode
implicar a transmisión de grandes cantidades de datos a través da rede do seu
Centro de vídeo de Nokia
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
101
fornecedor de servizos. Para obter máis información verbo das tarifas de
transmisión de datos, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos. Para
programar unha descarga automática de videoclips nun servizo, seleccione unha
categoría e Opcións > Programar descargas. O Centro de vídeo descarga
automaticamente videoclips novos diariamente á hora que estableza.
Para cancelar descargas programadas dunha categoría, seleccione Descarga
manual como o método de descarga.