
Os meus vídeos
Os meus vídeos é unha localización e almacenaxe para todos os vídeos. É posible
obter unha lista dos vídeos descargados e dos videoclips gravados coa cámara do
dispositivo en vistas separadas.
Para abrir un cartafol e ver videoclips, seleccione o cartafol. Cando a reprodución
dun videoclip está en marcha, puntee na pantalla para usar as teclas de control para
controlar o reprodutor.
Centro de vídeo de Nokia
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
102

Para axustar o volume, prema a tecla de volume.
Seleccione Opcións e escolla entre as seguintes:
● Proseguir descarga — Continuar unha descarga en pausa ou con erros.
● Cancelar descarga — Cancelar unha descarga.
● Detalles do vídeo — Ver información sobre un videoclip.
● Atopar — Buscar un videoclip. Insira texto de busca que coincida co nome do
ficheiro.
● Estado da memoria — Ver o total de memoria libre e en uso.
● Ordenar por — Ordenar videoclips. Seleccione a categoría desexada.
● Mover e copiar — Mover ou copiar videoclips. Seleccione Copiar ou Mover e a
situación desexada.