Información de localización
Pode engadir automaticamente información de localización de captura aos detalles
do ficheiro do material capturado.
Cámara
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
92
Seleccione Menú > Aplicacións > Cámara.
Para engadir información de localización a todo o material capturado, seleccione
Opcións > Axustes > Amosar info. do GPS > Activado.
Pode levar varios minutos obter as coordenadas da súa posición. A dispoñibilidade
e calidade dos sinais GPS poden verse afectadas pola súa posición, os edificios e os
obstáculos naturais ademais de polas condicións meteorolóxicas. Se comparte un
ficheiro que inclúe información da posición, tamén se comparte a información da
posición e a súa posición pode ser visible por terceiros que vexan o ficheiro. O
dispositivo require os servizos de rede para obter a información da posición.
Indicadores de información de localización:
●
— Información de localización non dispoñible. O GPS permanece activado en
segundo plano durante varios minutos. Se se atopa unha conexión de satélite e
o indicador cambia a nese tempo, etiquetaranse todas as imaxes capturadas
e vídeos gravados durante ese período a partir da información de
posicionamento do GPS recibida.
● — A información de localización está dispoñible. A información de localización
engádese aos detalles do ficheiro.
A información de localización pode engadirse a unha imaxe ou videoclip se
mediante a rede se atopan as coordenadas de localización. Recibir as coordenadas
pode levar varios minutos. As mellores condicións danse en espazos abertos
afastados de edificios altos.
Se comparte unha imaxe ou videoclip que contén información de localización, esa
información tamén será compartida e polo tanto as terceiras partes que vexan a
imaxe ou o videoclip tamén poderán ver a súa localización.
Se o desexa, pode desactivar o servizo de xeoetiquetado nos axustes da cámara.