Axustes dos accesorios
Seleccione Menú > Axustes e Teléfono > Accesorios.
Algúns conectores de accesorios indican o tipo de accesorio que está conectado ao
dispositivo.
Seleccione un dos seguintes accesorios:
● Perfil predeterminado — Permite establecer o perfil que desexa activar cada
vez que conecta un accesorio compatible determinado ao dispositivo.
● Resposta automática — Permite axustar o dispositivo para que responda ás
chamadas entrantes automaticamente despois de 5 segundos. Se se axusta o
tipo de ton en Un bip ou en Silencio, deshabilítase a resposta automática.
● Iluminación — Permite establecer se desexa que as luces continúen acendidas
despois do tempo de espera.
Os axustes dispoñibles dependen do tipo de accesorio.