Xestión de certificados
Os certificados dixitais protexen o seu contido cando transfire información
confidencial. Os certificados deberían empregarse para conectarse a un banco en
liña ou a outro sitio, ou a un servidor remoto para realizar accións que impliquen
a transferencia de información confidencial.
Os certificados tamén deben utilizarse cando desexe reducir o risco de virus ou outro
software malicioso e asegurarse da autenticidade do software cando descargue e
instale software.
Seleccione Menú > Axustes e Teléfono > Xestión teléfono > Seguridade >
Xestión de certificados e seleccione o tipo de certificado desexado.
Os certificados dixitais non garanten a seguridade; utilízanse para verificar a orixe
do software.
Importante: Aínda que o uso de certificados reduce considerablemente os
riscos relacionados coas conexións remotas e as instalacións de software, cómpre
Axustes
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
157
utilizalos correctamente para beneficiarse do aumento da seguridade. A existencia
dun certificado non ofrece protección por si mesmo. O administrador do certificado
debe dispoñer de certificados correctos, auténticos ou fiables para poder aumentar
a seguridade. Os certificados teñen data de caducidade. Se se amosa "Certificado
caducado" ou "O certificado non é válido", incluso no caso de que o certificado
debera ser válido, comprobe que a hora e a data do dispositivo son correctas.