
Actualizacións do dispositivo
Con Actualizacións do dispositivo, pode conectarse a un servidor e recibir axustes
de configuración para o dispositivo, crear novos perfís de servidor, ver versións de
software existente e información do dispositivo ou ver e xestionar perfís de servidor
existentes.
Seleccione Menú > Axustes e Teléfono > Xestión teléfono > Actualiz.
dispos..
Se a súa rede admite a transmisión de actualizacións de software, tamén poderá
solicitar actualizacións mediante o dispositivo.
Axustes
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
155

Pode recibir perfís de servidor e axustes de configuración diferentes dos seus
fornecedores de servizo e do departamento de xestión da información da empresa.
Estes axustes de configuración poden incluír conexións e outros axustes utilizados
por diferentes aplicacións no dispositivo.
Recepción dos axustes de configuración
1. Seleccione Opcións > Perfís servidor.
2. Desprácese ata un perfil e seleccione Opcións > Iniciar configuración.
Creación dun perfil de servidor — Seleccione Opcións > Perfís servidor >
Opcións > Novo perfil de servidor.
Eliminación dun perfil de servidor — Seleccione Opcións > Borrar.