Evitar realizar ou recibir chamadas
É posible que nalgún momento desexe restrinxir as chamadas que se poden realizar
ou recibir mediante o seu dispositivo. Mediante a restrición de chamadas (servizo
de rede), pode, por exemplo, restrinxir todas as chamadas internacionais saíntes
ou entrantes cando se atopa no estranxeiro.
Seleccione Menú > Axustes e Chamando > Restricións.
Para modificar os axustes, cómpre obter o contrasinal de restrición do fornecedor
de servizos.
Evitar realizar chamadas
1. Para evitar realizar chamadas ou chamadas internacionais, seleccione
Chamadas saíntes ou Chamadas internacionais. Para evitar realizar
chamadas internacionais pero permitir chamadas ao seu país, seleccione
Chamadas internacionais, agás ao país propio.
2. Seleccione Activar. A restrición de chamadas afecta a todas as chamadas,
incluídas as chamadas de datos.
Evitar recibir chamadas
1. Para evitar recibir chamadas ou chamadas internacionais cando se atopa no
estranxeiro, seleccione Chamadas entrantes ou Chamadas entrantes en
itinerancia.
2. Seleccione Activar.
Cando se atopan activadas as funcións de seguridade que restrinxen as chamadas
(coma a restrición de chamadas, os grupos de usuarios pechados e a marcaxe fixa),
pode que sexa posible efectuar chamadas ao número de emerxencia oficial
programado no dispositivo. O desvío e restrición de chamadas non poden estar
activos ao mesmo tempo.
Axustes
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
162
22. Solución de problemas
Para ver preguntas frecuentes sobre o seu dispositivo, consulte as páxinas de
asistencia técnica do produto na páxina www.nokia.com/support.
P: ¿Cal é o meu contrasinal para os códigos de bloqueo, PIN ou PUK?
R: O código de bloqueo predeterminado é 12345. Se esquece o código, póñase en
contacto co provedor do teléfono. Se esquece un código PIN ou PUK ou se non recibiu
dito código, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos de rede. Se desexa
obter máis información sobre os contrasinais, póñase en contacto co fornecedor do
seu punto de acceso, por exemplo, un fornecedor de servizos da Internet comercial
(ISP) ou un fornecedor de servizos de rede.
P: ¿Como pecho unha aplicación que non está a responder?
R: Manteña premida a tecla Menú. Manteña seleccionada a icona da aplicación e
seleccione Saír.
P: ¿Por que as imaxes semellan borrosas?
R: Asegúrese de que as ventás de protección do obxectivo da cámara estean limpas.
P: ¿Por que cada vez que acendo o dispositivo aparecen puntos
descoloridos, brillantes ou que non aparecen na pantalla?
R: Esta é unha característica propia deste tipo de pantalla. É posible que algunhas
pantallas conteñan píxeles ou puntos que permanecen activados ou desactivados.
Isto é normal, non se trata dun fallo.
P: ¿Por que o meu dispositivo Nokia non pode establecer unha
conexión GPS?
R: O establecemento dunha conexión GPS pode tardar desde un par de segundos
ata algúns minutos. O establecemento dunha conexión GPS nun vehículo pode
tardar máis tempo. Se se atopa nun lugar interior, diríxase ao exterior para recibir
un sinal mellor. Se se atopa ao aire libre, desprácese ata un espazo máis aberto.
Asegúrese de que a súa man non tapa a antena GPS do dispositivo. Se as condicións
climáticas non son boas, a intensidade do sinal pódese ver afectada. Algúns